Permite recibir avisos personalizados, xestionar usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovar, modificar teléfono móbil ou darse de baixa) ou consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica.
Tamén permite consultar citas coa Administración, a verificación de documentos electrónicos firmados, e a consulta e modificación dos datos de contacto, dirección etc. da Carpeta Cidadá.
XuntaEu ademáis permite a consulta de apoderamentos recibidos e outorgados, aceptar ou rexeitar notificacións do Sistema de Notificacións de Galicia (notifica.gal), así como consultar tarxetas e certificados persoais como poden ser:
— Carné xove
— Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada
— Carné profesional de operador/a de guindastre torre
— Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
— Certificado de habilitacións profesionais
Facilita ter sempre dispoñibles as tarxetas persoais no teléfono móbil. Estas conteñen un código QR que permitirá a súa validación por terceiros. Tamén ofrece a posibilidade de cargar dita tarxeta nun wallet xenérico no dispositivo.
A autenticación na app será mediante usuario e clave de Chave365. Durante o primeiro acceso recibirase un código PIN por SMS que deberá indicarse na app para confirmar que se trata dun dispositivo de confianza.
XuntaEu poderá acceder a ligazóns de contidos e aplicacións de terceiros na internet para proporcionar información e servizos relacionados coa aplicación.
XuntaEu poderá ter acceso de lectura e escritura ao almacenamento no dispositivo para ler e escribir arquivos, fotos, vídeos e audio. Os devanditos permisos son necesarios para poder descargar, abrir e visualizar certificados ou pkpass.
Condicións de uso: https://www.xunta.gal/xuntaeu/condicions-de-uso
Política de privacidade: https://www.xunta.gal/xuntaeu/politica-de-privacidade
Leave a Reply